DENUNCIA DAS DEFICIENCIAS NO TRANSPORTE ESCOLAR
Boas tardes familias,
Ante as numerosas deficiencias detectadas no transporte escolar dende a volta das vacacións de Nadal, a ANPA remitiu un escrito á Consellería de Educación poñendo no seu coñecemento tanto o mal funcionamento do servizo prestado pola nova empresa concesionaria como o estado dos vehículos destinados a tal fin, os cales, carecen de cinturón de seguridade.
Queremos informarvos de que tivemos resposta por parte da Consellería nestes días, onde nos fan chegar as seguintes explicacións:
Parece que os retrasos nas recollidas dos nenos e nenas foron producidas, segundo as explicacións da empresa de transportes, por un cúmulo de circunstancias e que os problemas están a remitir.
Con respecto á carencia de cinturóns de seguridade alegan dende a empresa problemas técnicos que obrigan ó envío dun vehículo que carecía dos mesmos e que non volverá a ocorrer. Non obstante, informannos de que a licitación obrigaba a contar con este sistema de seguridade.
Seguimos á vosa disposición,
Un saúdo
Comentarios
Publicar un comentario