RENOVACIÓN XUNTA DIRECTIVA
Ola familias ¡
Tendo en conta as inquedanzas que nestes últimos días moitas de vós nos estades a formular, queremos aclarar que, como xa vos adiantamos na festa do entroido, esta xunta directiva, por diferentes motivos, deixará os seus cargos na ANPA o vindeiro mes de xuño cando se celebre a asamblea ordinaria correspondente.
Por suposto que esto non significa que deixe de existir a Asociación, senón que é necesaria unha renovación na súa dirección.
Lamentaríamos moitísimo que non se postulase ningún papá ou ningunha mamá para ocupar os cargos, e realmente cremos que non deixaredes que isto suceda tendo en conta a boa valoración que a ANPA ten dentro da comunidade educativa como vehículo de colaboración, información e desenvolvemento lúdico-cultural ademáis da importantísima función de conciliación familiar –laboral, e o grao de implicación que as familias estades tendo no que respecta á educación dos vosos fillos e fillas.
Nós pechamos o noso ciclo pero vós podedes abrir outro coa mesma ilusión e gañas coas que comezamos.
Atoparedes unha asociación saneada económicamente (grazas á boa xestión das anteriores xuntas directivas e da actual); unha asociación á que se sempre se lle abriron as portas ás que tivo que ir petar para solicitar colaboración (comercios aresáns, concello, colexio, empresas prestadoras dos servizos lúdico-culturais,….); unha asociación con máis de 200 socios ,….. todo iso non poder perderse.
Así que vos animamos a que acudades á asamblea de xuño e vos aventuredes a probar a experiencia.
Malia iso, nós seguimos traballando porque aínda nos quedan cousas por facer ata o remate do curso….… non vos libraredes de nós tan facilmente,….
Grazas a todos e a todas .
Saúdos.
A xunta directiva
Victoria, Alma, Ana e Rocío

Comentarios
Publicar un comentario