Ola familias ¡ Tendo en conta as inquedanzas que nestes últimos días moitas de vós nos estades a formular, queremos aclarar que, como xa vos adiantamos na festa do entroido, esta xunta directiva, por diferentes motivos, deixará os seus cargos na ANPA o vindeiro mes de xuño cando se celebre a asamblea ordinaria correspondente. Por suposto que esto non significa que deixe de existir a Asociación, senón que é necesaria unha renovación na súa dirección. Lamentaríamos moitísimo que non se postulase ningún papá ou ningunha mamá para ocupar os cargos, e realmente cremos que non deixaredes que isto suceda tendo en conta a boa valoración que a ANPA ten dentro da comunidade educativa como vehículo de colaboración, información e desenvolvemento lúdico-cultural ademáis da importantísima función de conciliación familiar –laboral, e o grao de implicación que as familias estades tendo no que respecta á educación dos vosos fillos e fillas. Nós pechamos o noso ciclo pero v...