DÍA DO LIBRO 2017
DÍA DO LIBRO 2017
Conmemorando o día do libro que se celebra o
vindeiro domingo día 23 de abril, a ANPA organiza unha serie de actividades
para as familias socias das que vos ofrecemos a seguinte información :
CAMPAÑA “ Un neno/a, un
libro “
Co apoio da editorial RBA Editores, o luns días 24 de abril entre as 17 h e as
19 h estaremos na oficina para entregarlle de balde a cada neno/a socio/a
cadanseu libro axeitado á súa idade. Os libros que non se recollan ese día
doaránse a bibliotecas.
Ao alumnado de 6º Primaria e ESO
entregaráselle un exemplar de El Quijote
adaptado para a mocidade por Arturo Pérez Reverte ( encargo da Real Academia de
la Lengua Española ). Ofrecémoslle así un libro de estudo que necesitarán máis
adiante e cuxo autor dou orixe á data de celebración deste importante día.
TALLER DE MARCAPÁXINAS
( SCRAPP)
Tamén o mesmo luns día 24 de abril, en dúas
quendas ofrecemos a posibilidade de elaborar un precioso e práctico
marcapáxinas para que o alumnado utilice en todos os libros que vaia devorando….
O taller impartiráo Carolina Carrasco, responsable do blogue Tia Gilita, especialista na modalidade
de scrapp. Para todas as idades.
O custe por alumno é de 1 euro ( non socios : 4 euros )
Lugar: comedor do centro
Quenda 1 : de 16:45 a 18:00 ( límite 15 prazas )
Quenda 2 : de 18:15 a 19:30 ( límite 15 prazas )
Comentarios
Publicar un comentario