ACLARACIÓN SOBRE PAGOS PENDENTES


ACLARACIÓN SOBRE PAGOS PENDENTES:
 
Nesta semana a través do grupo de Whatsapp de socios remitimos, como facemos mensualmente, o recordatorio das datas de pagamento das actividades que organizamos.
Sentimos ser tan pesadas con este tema, pero as empresas que as imparten pasan as facturas mensualmente e hai que ter fondos suficientes para poder facer fronte ao seu pago.
 
 
Como novidade facíamos mención ao feito de que algunhas familias abonaran a mensualidade de xaneiro, pero tiñan pendente a de decembro ( coas vacacións do Nadal non é raro o despiste). Por iso vos pedíamos que revisárades os vosos pagos ( tiques )por se houbese algún despiste e poder regularizar a situación.
 
Xa vos indicábamos na mesma mensaxe que no pavillón non teñen datos sobre a contabilidade da ANPA ( máis alá dalgunha listaxe interna que leven eles para o seu propio control de pagos recibidos alí pero que non recolle o resto de pagos en oficina e banco ) polo que vos cobran o mes corrente agás que lle indiquedes outra cousa vós mesmos.
 
Igualmente, pasado un prazo razonable, sempre contactamos directamente coas familias aludidas para informarlles da existencia de algún pago pendente ( por mail, whatsapp ou por teléfono ).
 
Por iso vos lembramos que calquera dúbida ou aclaración sobre pagos, cobros, horarios, altas, baixas,.... deberedes facérnola a nós directamente, non ao pavillón ( só lles temos encargado o cobro de cuotas para facilitar ás familias os pagos en horario amplio sen limitalos ao día de apertura da oficina ).
 
Grazas pola vosa comprensión.
 
A xunta directiva.

Comentarios

Entradas populares de este blog

GRAN FESTA FIN DE CURSO 2023

Actividades e socios 2023-2024

Lista definitiva de admitidos y horarios de las actividades extrescolares 23/24