COLABORACIÓN #UNCURAPARAADRI
Como acordamos na última asemblea a ANPA, como non podía ser doutro xeito, tamén quere continuar colaborando coa causa # UnacuraparaAdri . Ímolo facer de dúas maneiras : * Transferindo á conta solidaria a cantidade de 408 € en metálico,representando unha doazón de 2 € por cada un dos 204 nen@s actuais da ANPA ( hoxe fixemos a transferencia como podedes comprobar nesta foto ). . * Aproveitando o baile de entroido que celebraremos na tarde do 27 de febreiro para instalar un espazo de venda das camisetas solidarias que a familia e amigos están a distribuir e por suposto a hucha solidaria. Estamos en contacto coa familia e colaboradores para poder poñer á venda o maior número de produtos posibles e acadar así unha recadación complementaria. Por suposto sobre dicirvos a todas as familias socias que con esta medida demostrades unha vez máis que tamén tendes un enorme # cromosomamolón e que entre todos imos a acadar que SúperAdri teña a súa merecida investigación e tratamento. G...