ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR NENOOS 360
Ola familias ¡
Tras o gran interese que despertou esta actividade no taller
demostrativo do pasado día 20, a ANPA ofrécevos a posibilidade de recibir dende
outubro
ata maio, as clases de aprendizaxe e desenvolvemento persoal do método Nenoos (www.nenoos.es). Trátase
dun método educativo para desenvolver a intelixencia de forma divertida e
eficaz, baseado nun enfoque en tres dimensións: mente, corpo e emocións. As actividades traballan capacidades
específicas como a atención, a concentración, a memoria, a resolución de
problemas, habilidades sociais, e contribúen a aumentar o rendimento académico
e o desenvolvemento persoal. Os grupos distribuiránse entre a Ludoteca
municipal ( R/ Federico García Expósito ) e o cole.
grupo
|
DÍAS
|
PREZO SOCIOs
|
PREZO NON SOCIOs
|
mini
3 a 5 anos
|
LUNS 17:00 a 18:00
|
29 €/ MES
matrícula gratuita
|
35 €/ MES
+ 39
MATRÍCULA POR FAMILIA
(inclúe mochila, camiseta, ábaco, libro do ábaco e libreta )
|
junior
6 a 8 anos
|
1º LUNS 17:00 A 18:00
2º LUNS 18:00 a 19:00
( a hora asignaráse por orde de
inscrición )
|
||
master
9 a 13 anos
|
LUNS 18:00 a 19:00
|
Se estades interesados,
podedes facer as solicitudes de inscrición por mail, whatsapp ou na oficina e antes do 28.09.2016. Como sempre
informámosvos de que podería producirse a cancelación da actividade no caso de
non chegar ao número mínimo de 6 alumnos en cada grupo.
AVISO : as familias que amosaron o seu interese na actividade ao longo desta semana deben igualmente formaliza a inscrición.
Comentarios
Publicar un comentario