INFORMACIÓN SOBRE BANCO DE LIBROS DE TEXTO 2016/2017
Ola familias¡
Tendo
en conta as características do Fondo solidario de libros de texto artellado
pola Consellería de Educación, a xunta directiva da ANPA ven de decidir, non
crear un banco propio e apoiar o fondo de libros do centro para que este poida
dar o servizo completo de préstamo a todas as familias que o soliciten. Por
iso, pedímoslle ás familias socias a súa colaboración cedendo ao colexio os
manuais de 3º de Primaria en adiante (
os de cursos anteriores non son reutilizables ) .
Malia
isto, voltamos a manifestar a nosa clara posición a favor da gratuidade dos
libros de texto para o alumnado, dentro da aposta por unha educación pública, de calidade e
gratuita para tod@s .
Grazas pola vosa colaboración.
Comentarios
Publicar un comentario