ATENCIÓN ¡¡ SPOILER ¡¡ PROPOSTA DO UNIFORME PARA O CURSO 2016/2017
Entramos xa na recta final do curso escolar e unha das cousas que
temos pendentes é a presentación do uniforme do alumnado para o vindeiro curso.
Malia que a primeiros de xuño convocaremos unha asemblea para
amosarvos os modelos/bocetos finais elixidos e poder velos e, na medida do
posible, tocalos, dámosvos un pequeño avance..... vamos ...o que
agora lle chaman facer spoiler.....( xa llo mostramos á dirección do centro quen nos amosou o seu agrado tanto ás propostas como á conveniencia da súa implantación, sempre con carácter voluntario por suposto).
Ao longo de todo o curso, estivemos barallando e negociando
varias opcións, tentando acadar unha boa relación calidade-prezo, decantándonos
por estas propostas, que, ao noso parecer, posúen esa característica .
Os prezos marcados correspóndense cos PVP das prendas na
tenda que terá á venda o chándal oficial: El baúl de la Abuela (
Carsip ) na Rúa Real de Ferrol quen, ao ser tamén fabricante, asegúranos
a súa disponibilidade durante os vindeiros cursos ( con respecto ao chándal déronnos o prezo máximo de 24,90 €, incluído o bordado do logo, pero estamos negociando á baixa coa empresa e agardamos poder acadar un precio menor ).
Pero como xa dixeramos, varias das prendas propostas poderedes adquirilas en
moitos máis establecementos ao ser prendas básicas de uniforme escolar ( falda, polo,...).
Seguiremos informándovos ¡
Saúdos.
CHÁNDAL UNISEX . PREZO MÁXIMO: 24,90 € ( INCLUÍDO O BORDADO DO LOGO ) |
|
FALDA AZUL MARINO ( 14,90 € ) + POLO DE MANGA LARGA /CURTA ( 8 e 7 € ) |
ADIVIÑADES QUE PRENDA DAS QUE FALTA LEVARÁ ESTA BONITA E RELAXANTE COR "AZUL FRANCIA"?...... |
Comentarios
Publicar un comentario