TALLERES DE HÁBITOS DE ESTUDO E COMPRENSIÓN LECTORA
Ola familia ¡
Seguimos co noso obxectivo de promoción do eido educativo e lúdico d@s nos@s fill@s e agora toca centrármonos na primeira parte,......
Ofrecémosvos dous talleres que nos parecen sumamente interesantes para eles e que complementan á perfección o que aprenden nas aulas:
* Taller de hábitos de estudo: co que o alumnado ( e os seus pais, que asistirán tamén no primeiro e último día do taller ), aprenderán recursos e ferramentas de estudo. Con estes, o alumnado terá unha mellor capacidade para sentar, concentrarse e rentabilizar o tempo que adiquen ao estudo.
* Taller de comprensión lectora: destinado a mellorar a comprensión mediante a lectura, ortografía e caligrafía. Daráse solución aos principais problemas que afronta o alumnado á hora de comprender e razoar todo o que len. A base de toda aprendizaxe é a comprensión, non se pode aprender o que non se comprende .
Os talleres impartiráos profesional cualificado do Centro educativo e atención temprana Impronta de Narón e desenvolveránse na sala de usos múltiples do cole.
Aquí podedes descargar a circular informativa :
http://www.slideshare.net/anpadeares/circular-talleres-estudio-e-comprensin-lectora
Data límite da solicitude de inscrición : xoves 31.03.2016
Animade @s nen@s a acudir, sacarán proveito de seguro ¡¡
Saúdos.

Comentarios
Publicar un comentario