TALLERES DE HÁBITOS DE ESTUDO E COMPRENSIÓN LECTORA
Ola familia ¡ Seguimos co noso obxectivo de promoción do eido educativo e lúdico d@s nos@s fill@s e agora toca centrármonos na primeira parte,...... Ofrecémosvos dous talleres que nos parecen sumamente interesantes para eles e que complementan á perfección o que aprenden nas aulas: * Taller de hábitos de estudo : co que o alumnado ( e os seus pais, que asistirán tamén no primeiro e último día do taller ), aprenderán recursos e ferramentas de estudo. Con estes, o alumnado terá unha mellor capacidade para sentar, concentrarse e rentabilizar o tempo que adiquen ao estudo. * Taller de comprensión lectora : destinado a mellorar a comprensión mediante a lectura, ortografía e caligrafía. Daráse solución aos principais problemas que afronta o alumnado á hora de comprender e razoar todo o que len. A base de toda aprendizaxe é a comprensión, non se pode aprender o que non se comprende . Os talleres impartiráos profesional cualificado do Centro educativo e atención t...