PROCEDEMENTO PARA O CAMBIO DE NOME DO CENTRO
Ola familias¡
No último consello escolar, a dirección do centro retomou unha proposta que xa se puxera enriba da mesa no curso pasado :o cambio do nome do centro para adecualo á realidade sociocultural. Por unanimidade aprobouse establecer o procedemento que permitise mudar o nome facendo partícipe a toda a comunidade educativa.
Cando remate este procedemento, convocaráse o concurso para elixir o logotipo do centro, que servirá tamén coma imaxe para o uniforme que, con carácter voluntario, a ANPA pretende implantar o curso que ven.
Aquí vos deixamos a información sobre o dito procedemento:
A Dirección e o equipo de Dinamización Lingüística formaron unha Comisión para levar a cabo o “Proceso do cambio do nome do centro escolar” destinado actualizar o nome e a imaxe representativa do centro vinculándoa á realidade sociocultural na que se atopa.
Nunha reunión estableceron as bases para establecer un concurso de ideas. De aí xurdirán 3 nomes, elixidos pola comisión, que serán votados por toda a comunidade educativa.
Unha vez elixido o nome, se levará a cabo un Concurso para elixir o LOGOTIPO.
Moitas grazas pola vosa colaboración e animo a toda a comunidade educativa a participar.
Atentamente,
Blanca Cortizas
http://www.slideshare.net/anpadeares/proceso-cambio-nome-do-centro
http://www.slideshare.net/anpadeares/formulario-de-proposta-de-novo-nome-do-centro

Comentarios
Publicar un comentario