Ola familias¡ No último consello escolar, a dirección do centro retomou unha proposta que xa se puxera enriba da mesa no curso pasado :o cambio do nome do centro para adecualo á realidade sociocultural. Por unanimidade aprobouse establecer o procedemento que permitise mudar o nome facendo partícipe a toda a comunidade educativa. Cando remate este procedemento, convocaráse o concurso para elixir o logotipo do centro, que servirá tamén coma imaxe para o uniforme que, con carácter voluntario, a ANPA pretende implantar o curso que ven. Aquí vos deixamos a información sobre o dito procedemento: A Dirección e o equipo de Dinamización Lingüística formaron unha Comisión para levar a cabo o “ Proceso do cambio do nome do centro escolar ” destinado actualizar o nome e a imaxe representativa do centro vinculándoa á realidade sociocultural na que se atopa. Nunha reunión estableceron as bases para establecer un concurso de ideas. De aí xurdirán 3 nomes, elixidos pola comisión, que serán v...