RESUMO ACTUACIÓNS LEVADAS A CABO POLA ANPA NO PRIMEIRO TRIMESTRE 2015-2016
Ola familias¡
Aquí vos deixamos un resumo das actuacións levadas a cabo pola ANPA ao longo do primeiro trimestre do curso 2015/2016.
...e seguimos traballando .. por e para @s nos@s fill@s ¡¡¡
Un saúdo
A xunta directiva
Nº DE
SOCIOS CURSO 2015-2016 : 126 familias que representan a 164
alumnos
Aquí vos deixamos un resumo das actuacións levadas a cabo pola ANPA ao longo do primeiro trimestre do curso 2015/2016.
...e seguimos traballando .. por e para @s nos@s fill@s ¡¡¡
Un saúdo
A xunta directiva
RESUMO DAS
ACTUACIÓNS LEVADAS CABO POLA ANPA
NO PRIMEIRO
TRIMESTRE
- Reclamación administrativa de ampliación de prazas do comedor escolar
- Reclamación administrativa de transporte escolar ao remate da xornada lectiva
- Asemblea de pais e nais para presentar a nova xunta directiva e proxectos a desenvolver
- Xestión para que o centro, e non as familias, adquirisen os ábacos para 1º e 2º EP
- Enquisa sobre a aceptación do uniforme voluntario no colexio :
- Nº familias participantes : 90 Resultado : 70 % dacordo 30 % en desacordo Tendo en conta este resultado xa estamos traballando na búsqueda e selección das mellores opcións (tanto económicas como de dispoñibilidade )
- Solicitude para mudar a ubicación da parada do transporte escolar no Paralelo
- Posta en marcha e xestión do servizo de fomento da conciliación familiar e laboral Educamañás – Almorzares. Asistencia media de 16 alumnos diarios.
- Xestión ante o Concello e o centro para instalar alumeado no pasillo de acceso ao patio de Infantil e facilitar así a entrada aos usuarios de Educamañás-Almorzares.
- Posta en marcha e xestión das actividades extraescolares :
Inglés : 50 alumnos
Art Attack: 12 alumnos
Cociña creativa: 16 alumnos
Piscina : 16
alumnos
AVISO: na actualidade temos prazas
vacantes nas actividades de Piscina, Art attack e Cociña, polo que, se estades
interesados, podedes contactar con nós
para facer a inscrición.
- Festa do Samaín : 120 alumnos asistentes
- Festa dos Óscar para alumnado da ESO : cancelada por falta de inscricións mínimas
- Subvención para os socios de 5º e 6º EP da excursión ao parque de seguridade vial
- Organización da actividade educativa campaña Infonadal Consumo 2015 do IGC “ Ollo con que escollo” para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º EP
- Ampliación do número de establecementos colaboradores coa ANPA : 21 ( se tendes ou coñecedes algún outro negocio local que estea interesado en colaborar con nós, estaremos encantados de incorporalos á listaxe )
- Visita dos Reis Magos con brocheta doce para todo o alumnado de Infantil e Primaria.
- Solicitude de subvención da Deputación da Coruña para actividades culturais 2016
-
Asistencia
aos consellos escolares e reunión co equipo directivo do centro nas que
manifestamos as inquedanzas que nos trasladaron as familias .
Comentarios
Publicar un comentario