ACTIVIDADE INFONADAL CONSUMO 2015
Ola familias ¡
Vai chegando a época de Nadal, e con ela a elección e petición de agasallos polos nosos fillos e fillas, e por iso, a ANPA organiza a actividade educativa "ESCOLLO CON MOITO OLLO" impartida polo persoal da Escola Galega de Consumo ( http://igc.xunta.es/portal/page?_pageid=93,992577&_dad=portal&_schema=portal) dentro do Programa Infonadal Consumo 2015 . Desenvolveráse o vindeiro venres 11 de decembro ás 10.00 h no salón de usos múltiples do colexio.
Esta actividade vai dirixida a nen@s de entre 8 e 12 anos e consiste nunha presentación audiovisual sobre a escolla dos agasallos para reflexionar sobre como a publicidade en xeral e as marcas en particular condicionan as decisións de consumo, que remata cun debate en grupo sobre as alternativas aos agasallos tradicionais.
Tras consultalo coa dirección do centro, a quen lle agradecemos como sempre a súa boa disposición e colaboración, decidiuse por razón organizativas, que asista o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, un total de 143 alumnos en dúas quendas.
A actividade é gratuita e vai destinada a todo o alumnado deses niveis.
Durante o 2016 seguiremos colaborando coa Escola Galega de Consumo co fin de poder ofrecer outro tipo de actividades/visitas ao alumnado dos restantes cursos.
Saúdos.
Aquí tendes máis información sobre a actividade:

DESCRICIÓN | CONTIDOS | OBXECTIVOS |
Explicación sobre a oferta e a escolla de agasallos a través dunha presentación audiovisual. Reflexión crítica sobre a causa da elección dos agasallos e sobre a influenza da publicidade nas decisións de consumo. Explicación das marcas como elemento condicionante nas decisións de consumo. Exemplificación de diferentes alternativas aos agasallos convencionais e reflexión do aprendido nun debate de grupo. | Influenza da publicidade e da contorna na elección de agasallos. Características do produto: - seguridade, - etiquetado, - relaciónpublicidade-realidade - relación calidade/prezo, - duración e utilidade. Alternativas de agasallos non materiais. | Adquirir a conciencia de como inflúe a publicidade sobre a elección dos agasallos. Coñecer o etiquetado dos produtos e a súa importancia fronte á publicidade. Coñecer as características reais dos produtos para facer a mellor elección. Coñecer diferentes alternativas de agasallos |
Comentarios
Publicar un comentario