ACTIVIDADE INFONADAL CONSUMO 2015
Ola familias ¡ Vai chegando a época de Nadal, e con ela a elección e petición de agasallos polos nosos fillos e fillas, e por iso, a ANPA organiza a actividade educativa " ESCOLLO CON MOITO OLLO " impartida polo persoal da Escola Galega de Consumo ( http://igc.xunta.es/portal/page?_pageid=93,992577&_dad=portal&_schema=portal ) dentro do Programa Infonadal Consumo 2015 . Desenvolveráse o vindeiro venres 11 de decembro ás 10.00 h no salón de usos múltiples do colexio. Esta actividade vai dirixida a nen@s de entre 8 e 12 anos e consiste nunha presentación audiovisual sobre a escolla dos agasallos para reflexionar sobre como a publicidade en xeral e as marcas en particular condicionan as decisións de consumo, que remata cun debate en grupo sobre as alternativas aos agasallos tradicionais. Tras consultalo coa dirección do centro, a quen lle agradecemos como sempre a súa boa disposición e colaboración, decidiuse por razón organiz...