MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACION¡¡
Moi boas familias ¡
Dende a xunta directiva queremos darvos as GRAZAS a todos os país e nais que vos achegastes á asamblea de onte e aos que, aínda non podendo facelo, manifestastes por outros medios as vosas posturas en relación cos asuntos tratados.
Temos que dicir que a de onte foi unha das asembleas máis numerosas dos últimos anos, o que nos ven a demostrar que as familias queredes participar, propoñendo e opinando sobre a vida educativa d@s nos@s fill@s.
Tomamos boa conta de todo o falado onte e seguiremos a traballar nas novas e vellas propostas.
Para as familias que non puideron asistir á asamblea, aquí vai un pequeno resumo das decisións, propostas e opinións :
PROPOSTAS DA ANPA :
* seguimento á solicitude realizada pola ANPA e o Centro de ampliación de prazas do comedor para este mesmo curso.
* seguimento á solicitude realizada pola ANPA sobre o establecemento de liña de autobús ao remate do horario lectivo.
* subvención a socios da ANPA do importe dunha das excursións escolares deste curso.
* ampliación da oferta de actividades para este curso :
inglés, inglés conversación, manualidades creativas ( Art Attack ), cociña e repostería creativa, educamañá almorzares..
Estamos traballando na inclusión de CURSO DE NATACIÓN no Complexo Acuático do Castro ( Franza ). 1 hora á semana : 9-10 € / mes.
* comezar a traballar coa posibilidade de creación dun Banco de Libros para o curso que ven.
* seguimento do asunto da compra do cuadernillo + ábaco para 1ª e 2º de Primaria.
Irémovos contando algo mais en breve ¡¡
PROPOSTAS DAS FAMILIAS :
* Posibilidade de ampliar o rango de idade para a actividade de COCIÑA E REPOSTERÍA CREATIVA para o alumnado da ESO.
* Consultar/propoñer a dirección a posibilidade de mellorar a forma de saída do alumnado do centro tras o servizo de comedor, para evitar que, por exemplo, o alumnado de Infantil en días de chovia se molle.
* Consultar á dirección o motivo de que aínda subministrando 500 folios por alumno, na ESO teñen que pagar polas fotocopias do temario.
¿ QUERES APOIARNOS ? FAITE SOCIO E PARTICIPA¡¡
A xunta directiva

* en relación co asunto do establecemento do uniforme ( con carácter voluntario ) unha vez que a directiva e as familias expuxeron as súas visións sobre esta proposta, recolléronse os votos dos asistentes á asamblea que se engadirán aos que se reciban a través do correo electrónico anpadeares@gmail.com e no buzón da asociación. ´
Aïnda estades a tempo facernos chegar o voso voto ¡¡
A idea formulada é a de establecer un modelo de uniforme de cores básicas ( gris/ azul marino/branco ) que cada familia poida adquirir ao prezo máis económico posible en calquera establecemento ou hipermercado : falda ( dende 12 € ), pantalón para nenas e nenos ( dende 13 € ), polo ( dende 3,50 € ) e xersei ( dende 8 € ) .
Durante este curso, no caso de obter na votación un respaldo mayoritario, barallamos a posibilidade de convocar un concurso entre o alumnado para obter o deseño do escudo do Colexio. Cremos que esta medida implicaría un pouco máis aos nen@s que se irían familiarizando coa idea.
Irémovos contando algo mais en breve ¡¡
PROPOSTAS DAS FAMILIAS :
* Posibilidade de ampliar o rango de idade para a actividade de COCIÑA E REPOSTERÍA CREATIVA para o alumnado da ESO.
* Consultar/propoñer a dirección a posibilidade de mellorar a forma de saída do alumnado do centro tras o servizo de comedor, para evitar que, por exemplo, o alumnado de Infantil en días de chovia se molle.
* Consultar á dirección o motivo de que aínda subministrando 500 folios por alumno, na ESO teñen que pagar polas fotocopias do temario.
¿ QUERES APOIARNOS ? FAITE SOCIO E PARTICIPA¡¡
A xunta directiva
Comentarios
Publicar un comentario