A ANPA e o Concello axudan na viaxe a Toulouse
A ANPA pediu unha reunión co concelleiro de educación de Ares para ver se o Concello podía colaborar nos gastos da viaxe dos nosos rapaces a Toulouse para participar no rallye matemático sen fronteiras que terá lugar o vindeiro 1 de xuño.
Desta conversa se conseguíu o compromiso de apoio monetario que agardamos se poida concretar en datas próximas. Unha felicitación ó Concello por apoiar ó esforzo dos estudiantes.
Dende aquí animamos ós nosos alumnos nesta estupenda aventura e agardamos que volvan de Toulouse co primeiro premio internacional.
Son un orgullo para o noso colexio e para todo Ares.
MOITA SORTE E BOA VIAXE A TOULOUSE!!
Comentarios
Publicar un comentario