Calendario completo das 2as Xornadas de Seguridade Vial
As segundas xornadas de seguridade vial se celebrarán co seguinte calendario:
Días 24 e 25 de abril, para 1º e 2º de ESO.
Días 26 e 27 de abril, para 5º e 6º de Primaria.
O día 27, venres, a Policía Local e Protección Civil levarán os seus vehículos ó patio do colexio, dende as 10 ata as 13h, para amosar o seu equipamento e que os rapaces poidan velos por dentro.
PARTE PRÁCTICA
Día 30 de abril, 1º e 2º da ESO irán ó circuíto de Barallobre e tamén visitarán o Museo do Humor de Fene.
Día 28 de maio, farán o mesmo 5º e 6º de Primaria.
Estas actividades son totalmente gratuítas e se realizarán dentro do horario escolar. Agardamos que os participantes se divirtan e aprendan a importancia da seguridade vial na evitación de accidentes.
Comentarios
Publicar un comentario