PRESENTACIÓN DA NOVA DIRECTIVA e PREINSCRIPCIÓN ALMORZARES
Ola a todxs, Neste último día dun curso tan atípico, desexarvos un verán cheo de saúde e fermosos reencontros (que falla nos fan a todxs). Queremos presentar a nova directiva da ANPA, que se compuxo na última asamblea do pasado día 4 de xuño, quedando os cargos seguintes: Presidenta: Eiriz Sisto Secretaria: Tamara Varela Tesoureira: Verónica Fernández Vogais: Ana Mª Carnero, María Blanco, Carmen Martínez, Araceli Ortube, Ana Brage, Elena Vidal e Susana Villares Aproveitamos tamén para agradecerlle todo o traballo e tempo prestado a directiva saínte ,tras catro anos ocupando os cargos. Agardamos estar ó mesmo nivel polo menos... E por último, pero non menos importante, para comenzar a traballar e poder organizar o servizo de ALMORZARES, dende o primeiro día do curso 2021-22, agradeceríamos que tódolos usuarios que teñan previsto precisar deste servizo, fagan unha preinscripción, enviando un mail cos datos da crianza, NOME, APELIDOS E CURSO, o seguinte endere...