AVISO DIRECCIÓN DO CENTRO RENOVACIÓN CONSELLOS ESCOLARES
Bo día : Animamos a todas as familias e ao alumnado a participar no órgano de representación e decisión por excelencia, como é o Consello Escolar, tanto presentándose como elixibles como acudindo a votar o día da elección ( na última semana do mes de novembro). AVISO DA DIRECCIÓN DO CENTRO Dando cumprimento ó estipulado no artigo 2.2 da Resolución do 26 de setembro de 2016 (DOG do 04.10.2016) da Dirección Xeral de Educación e Formación Profesional e Innovación Educativa, proc e de ra se o día 2 de novem bro ás 12:30h , ao sorteo público, no despacho de Dirección, dos membros que constituirán a Xunta Electoral que dirixirá o proceso de elección parcial dos membros compoñentes do Consello Escolar deste Centro Público Integrado “As Mirandas” de Ares. A Dirección informa que as eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa ao Consello Escolar realizaranse entre os días 23 ao 29 de novembro. Nesta renovación parcial quedan imp...