Bo día familias ¡ Como sabedes, unha das actuacións que esta ANPA puxo en práctica este curso foi a de sufragar en todo ou en parte, para o alumnado socio, algunha das excursións organizadas polo centro ( polo de agora, unha ao ano por curso e cun importe de 3,5 € ). Despois de sufragar unha saída para o alumnado de 1º, 2º, 5º e 6º de Educación Primaria , seguimos con 3º E 4º da ESO e a saída ao Pazo da Ópera e á Torre de Hércules prevista para o día 22.04.2016. Por razóns organizativas do centro, este necesita que as familias igualmente envíen polos alumnos a autorización asinada e os cartos totais correspondentes. A partires do día da excursión, e no horario habitual de apertura da oficina, as familias socias poderán pasar a recoller pola nosa oficina os 3,5 € que achega a ANPA. Sabemos que non é a opción máis cómoda, pero polo momento é a única que o centro pode poñer en práctica, como díciamos, por razóns ...