1º premio no XX Rallye Matemático sen fronteiras
Pinchando na imaxe poderedes ler a reseña que nos envía o colexio sobre o primeiro premio que acadaron os alumnos de 3º da ESO-B do noso colexio. O premio consiste na doación dos cartos necesarios para que estes alumnos poidan participar na final que se celebrará en Touluse (Francia) o vindeiro 1 de xuño. Dende a ANPA queremos felicitar ós alumnos a á súa profesora de matemáticas. Unha nova proba de que o esforzo ten a súa recompensa. ¡MOITA SORTE EN TOULOUSE!